Monday 29 de April de 2024

Mesón do Vento acollerá mañá sábado o Feirón da Adina


Non faltarán os postos con produtos hortofrutícolas, roupa, utensilios labregos, gando vacún e porcino, ademais de galiñas e galos de Mos

Mesón do Vento acollerá este vindeiro sábado, 16 de abril, unha nova edición do Feirón da Adina. Unha vez máis o centro do pobo será punto de venda de gando vacún e porcino, apeiros labregos e productos hortofrutícolas provintes das fincas da contorna, roupa, queixos, doces, empanadas, churros, xoguetes, cestos de vimbio, artesanía etc. Ademais os galos e galiñas de Mos volverán a ser un dos atractivos máis destacados da cita, que dará comezo a iso das 9.30 horas.